Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2013/51-2, 8135 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: RET LAT 66 kV Palas de Rei-Orosa e o seu anexo.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

Modificación no p.q. 0+620 do trazado da autovía A-54.

– Liña de alta tensión aérea a 66 kV Palas de Rei-Orosa con orixe no apoio metálico proxectado nº 129/1 tipo OLMO 610 F42 5T e final no apoio metálico proxectado nº 129/2 tipo OLMO 610 F42 5T da mencionada liña, cunha lonxitude de 213 metros en condutor tipo LA-180. Reténsanse os dous vans anteriores e os dous vans posteriores e desmóntanse os apoios existentes nº 129 e nº 129 bis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de febreiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo