Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2013/169).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20 baixo,15840 Santa Comba.

Denominación: alimentación ao novo centro de seccionamento Interconexión Catro Ventos, situado en punto fronteira (Santa Comba).

Situación: Santa Comba.

Características técnicas:

Instalación e montaxe en edificio prefabricado de formigón, do centro de seccionamento e transformación denominado Interconexión Catro Ventos, no cal se disporá dunha reixa que fará as veces de separación física entre o seccionamento, propiedade de Electra Santa Comba, S.L. e a transformación, propiedade de Industrial Barcalesa, S.L. recollida noutro proxecto (expediente IN407A 2013/165-1) e terá accesos independentes e exclusivos para cada unha delas, conformando o punto fronteira entre as compañías distribuidoras Industrial Barcalesa, S.L. e Electra Santa Comba, S.L., de tal xeito que as súas dimensións serán as suficientes para albergar conxuntamente tanto as instalacións propias do centro de seccionamento obxecto do presente proxecto (expediente IN407A 2013/169-1) como as do centro de transformación.

Correspondendo o deseño, tramitación e construción da totalidade do centro a Industrial Barcalesa, S.L., desenvólvense no presente proxecto, de xeito coordinado con esta, as actuacións que realizará Electra Santa Comba, S.L. consistentes na instalación no centro de seccionamento das seguintes celas de media tensión Ormazábal ou similar: 1 cela de liña (CML) motorizada e telemandada, 1 cela de medida (CMM) que albergará un transformador de tensión (TT) bifásico de 600 VA para servizos auxiliares en baixa tensión (alimentación aos equipamentos de telemando e á iluminación do centro de seccionamento) e 1 cela de protección con interruptor automático (CMV), motorizada e telemandada.

LMT soterrada, baixo tubo Ø160 mm, a 20 kV en simple circuíto, de 224 metros de lonxitude, en condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al+H16), con orixe en nova cela de liña que se instalará no centro de transformación Catro Ventos existente (expediente IN407A 2001/359-1) e remate na nova cela de protección con interruptor automático que se instalará no centro de seccionamento proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña