Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2013/47-2, 8131 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: RET LAT 66 kV Palas de Rei, Friol e o seu anexo.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas: modificación no p.q. 6+255 da traza da autovía A-54.

Liña de alta tensión aérea a 66 kV Palas de Rei-Friol con orixe no apoio metálico proxectado nº 19/1 tipo Olmo 610 F42 4T e final no apoio proxectado nº 20/1 tipo Olmo 610 F42 4T da mencionada liña, cunha lonxitude de 339 metros en condutor tipo LA-180; reténsanse os vans anterior e posterior e desmóntanse os apoios existentes nº 19 e nº 20.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de febreiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo