Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2014, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios, polo que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador PSC/2013/11 por infracción en materia de autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

O 14 de xaneiro de 2014 formúlase a proposta de resolución no procedemento sancionador PSC/2013/11, incoado o 21 de outubro de 2013 pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade a Javier Varela Mariño.

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LPAC), e ao non poderse practicar a notificación persoal, notifícaselle por medio deste anuncio, ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, a Javier Varela Mariño a referida proposta de resolución que se indica no anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, comunícaselle que, segundo o disposto no artigo 19 do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (en diante RPS), se lle pon de manifesto o expediente administrativo co fin de que vostede, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, poida obter copia dos documentos que xulgue convenientes e formular alegacións e presentar ante o órgano instrutor os documentos e as informacións que considere pertinentes.

O expediente atópase á súa disposición nas dependencias do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios; r/ Manuel Murguía, nº 10, de Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, co obxecto de que proceda á súa exposición no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

Emilia Vicente Mondelo
Instrutora

Anexo

Número de expediente: PSC/2013/11.

Infractor: Javier Varela Mariño.

NIF: 44813484-P.

Último domicilio coñecido: Centro de Fisioterapia Vilaxoán, r/ Víctor Pita, número 6, Vilaxoán, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 3.a) e 8.1 e 8.2.a) do Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Tipificación provisional da infracción: grave (artigo 21.3.a) do Decreto 12/2009.

Precepto sancionador: artigo 44.2.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.