Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Agrupación Empresarial Regional Gallega de Alquiladores de Grúas de Servicio Público (Aergag).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación da asemblea xeral da Agrupación Empresarial Regional Gallega de Alquiladores de Grúas de Servicio Público (Aergag) onde se reflicte o acordo que consiste no cambio do domicilio social, que pasa a ser na rúa Laverde Ruiz, nº 6, baixo, dereita, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social