Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (795/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 795/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Paz Balsa contra Xestión Celular Galega, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda interposta por Noelia Paz Balsa contra Xestión Celular Galega, S.L.U., debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos do 24 de xuño de 2013, e extinguida a relación laboral que vinculaba as partes, e condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante unha indemnización de 6.222,00 euros, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante, cos límites legais correspondentes.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que poida ter o Fogasa no pagamento da indemnización.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en forma a Xestión Celular Galega, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 20 de xaneiro de 2014

O secretario xudicial