Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se fai pública a cancelación da inscrición como corredoría de seguros e a exclusión do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia da sociedade Corredores de Seguros Alfa, S.L.

De conformidade co disposto na alínea f) do artigo 53 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se regula o Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, con data do 19 de decembro de 2013, cancelar a inscrición como corredoría de seguros e, por conseguinte, excluír do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia á sociedade Corredores de Seguros Alfa, S.L.

A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral por solicitude do interesado e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53 da mencionada Lei 26/2006 e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2014

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Clave do rexistro: GX-004.

CIF: B-15233646.

Denominación social: Corredores de Seguros Alfa, S.L.

Localidade: A Coruña.

Data da resolución: 19.12.2013.