Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 10 de decembro de 2013 (DOG número 236, do 11 de decembro), ao cal foron convocados os/as funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2008), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 13 de decembro de 2013.
Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
ANEXO
Promoción interna
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Niv. |
Subgrupo |
Corpo/escala |
Denominación |
Cons. |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Formación específica |
Observacións |
33294578P |
Sánchez Muñoz, Elena |
1 |
ED3010000115770063 |
20 |
A1 |
Especial |
Técnico superior bibliotecas |
ED |
Secretaría Xeral de Cultura |
S. X. de Bibliotecas |
Santiago de Compostela |
Facultativo sección bibliotecas (R.I.). |
Xornada de mañá ou tarde |
Acceso libre
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Niv. |
Subgrupo |
Corpo/escala |
Denominación |
Cons. |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Formación específica |
33813604Q |
González Regal, María Sol |
(1) |
EDC995010127001001 |
26 |
A1, A2 |
Especial |
Director/a biblioteca |
ED |
Servizos periféricos |
Biblioteca Lugo |
Lugo |
Facultativo sección bibliotecas (R.I.). Axudante sección bibliotecas (R.I.). |
(1) Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG número 146, do 1 de agosto) pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación.