Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6540

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xaneiro de 2014 pola que se adxudica destino definitivo aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 10 de decembro de 2013 (DOG número 236, do 11 de decembro), ao cal foron convocados os/as funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2008), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 13 de decembro de 2013.

Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Niv.

Subgrupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación específica

32653211L

García García, Concepción

6

ED3010000215770006

25

A1, A2

Especial

Xefatura de sección do arquivo Xunta

ED

Secretaría Xeral de Cultura

S. X. de Arquivos

Santiago de Compostela

Facultativo/a sección arquivos (R.I.), axudante sección arquivo (R.I.).

52472497K

Fernández Domínguez, Antonio

3

ED2010000215770004

20

A1

Especial

Técnico superior de arquivos

CU

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Facultativo/a sección arquivos (R.I.).

76819315M

López Fernández, José Ramón

4

ED3010000215770010

20

A1

Especial

Técnico superior arquivos

CU

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

D. X. de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

Facultativo/a sección arquivos (R.I.).