Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6534

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xaneiro de 2014 pola que se adxudica destino definitivo aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

En virtude da Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2008) convocouse o proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas, unha de acceso libre e outra de promoción interna, no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos.

Os/as dous/dúas aspirantes que superaron o proceso selectivo foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicóuselles destino provisional mediante Orde do 24 de setembro de 2009 (DOG número 191, do 29 de setembro).

Unha das aspirantes ocupa actualmente un posto que lle foi adxudicado polo sistema de libre designación mediante Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 16 de xullo de 2013 (DOG número 146, do 1 de agosto). Mediante escrito do 28 de novembro de 2013 que tivo entrada na Dirección Xeral de Función Pública o 3 de decembro de 2013, a dita aspirante manifestou a súa vontade de continuar desempeñando o mesmo posto e solicitou non ser convocada para elixir outro destino definitivo.

Tendo en conta que actualmente só existe un posto que reúne as condicións requiridas para ofertar á escala de facultativos de museos como destino definitivo e que só un dos aspirantes se atopa en destino provisional, non se convocou acto de elección de destino definitivo, feito que lle foi comunicado ao dito aspirante.

De acordo co exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2008).

Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Promoción interna

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

09353294E

López de Prado Nistal, Covadonga

EDC995010136040001

26

A1

Especial

Director/a museo

ED

Servizos periféricos de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Museo Massó

Bueu

Facultativo/a sección museos (R.I.)

Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG número 146, do 1 de agosto) pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación.

Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

32640999C

Aneiros García, Roberto

EDC995020132001005

20

A1

Especial

Técnico/a superior de museos

CU

Servizos periféricos

Museo Ourense

Ourense

Facultativo/a sección museos (R.I.)

Xornada mañá ou tarde