Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 174/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT, RBT Escolas Culleredo.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea a CT rúa das Paxariñas, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,072 km, con orixe en apoio nº 66 proxectado que substitúe o existente da LMT SBN-717B, no tramo entre a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/2008) e a derivada ao CT Liñares (expediente 30.816), en condutor LA-56/54,6 mm² que substitúe o existente tipo LA-30, e final en apoio nº 66/2 proxectado que se vai instalar na LMT SBN-717B, que substitúe o pórtico do CT Escolas Culleredo que se vai retirar (expediente 27.398), onde se realizará o paso aerosubterráneo da LMTS proxectada.

Liña de media tensión subterráneo a CT rúa das Paxariñas, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,023 km, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 66/2 proxectado, que se instalará na LMT SBN-717B, que substitúe o pórtico do CT Escolas Culleredo que se vai retirar (expediente 27.398), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, e final no CT rúa das Paxariñas proxectado.

Centro de transformación (CT) prefabricado rúa das Paxariñas, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas da rede de baixa tensión subterránea, coa orixe no CT rúa das Paxariñas proxectado, cunha lonxitude de 0,036 km, en condutor XZ1-0,6/1 kV-4(1×240 Al), e final na rede existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña