Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de rehabilitación e urbanización de espazos interiores no polígono de Coia. Resolución de alegacións (expediente 12639/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 28 de outubro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Estimar a alegación presentada pola Comunidade de Propietarios da Rúa Moaña, nº 32 (doc. 130011778) con entrada no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo o día 30.1.2013 –alegación nº 1–, exclusivamente no senso exposto no informe proposta supra transcrito.

Segundo. Desestimar as alegacións presentadas no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo por Mª Luisa García Meijueiro e Juan Manuel López Sánchez (doc. 130015712) o día 7.2.2013 –alegación nº 2–; pola Comunidade de Propietarios Rúa Moaña, nº 14 (doc. 130016465) –alegación nº 3– e Ángel Amor González, Genoveva Cuntin Novas, Dolores Calvo Cordero, Ricardo Rodríguez Moreno, Rosa Mª Armental López, Piedad Galdo Castro, Celsa de Jesús González Davila e Elsa Rodríguez Ferreiro (doc. 130016590) –alegación nº 4– o día 8.2.2013; pola Comunidade de Propietarios Rúa Moaña, nº 10 (doc. 130016850) –alegación nº 5–; Enriqueta Río Otero (doc. 130016855) –alegación nº 6–; Teresa Groba Rocha (doc. 130016859) –alegación nº 7–, Raquel Guisande (doc. 130016863) –alegación nº 8–; Antonia del Pazo Fernández (doc. 130016865) –alegación nº 9–; Santiago Salmón Sopeña (doc. 130016868) –alegación nº 10–; Marina Enríquez Fiuza (doc. 130016874) –alegación nº 11–; Leonor Valin Liz (doc. 130016924) –alegación nº 12–; José Carlos Oterino Fernández (doc. 130016930), –alegación nº 13–; Dorinda Pereira Rodríguez (doc. 130016934) –alegación nº 14–; Jesús Román Riveiro (doc. 130016939) –alegación nº 15–; Marcelino Valado Lima (doc. 130016945) –alegación nº 16–; Mª Elena Giráldez Carrera (doc. 130016949) –alegación nº 17–; Elena González González (doc. 130017083) –alegación nº 18–; Purificación Bouzada Pazos (doc. 130017148) –alegación nº 19–; José Luis Álvarez Álvarez (doc. 130017150), –alegación nº 20–; Palmira Míguez Muñoz (doc. 130017151) –alegación nº 21–; Manuel Gómez Souto (doc. 130017152) –alegación nº 22–; Gloria Agudo Sánchez (doc. 130017157) –alegación nº 23–; Amando Rocha Nieto (doc. 130017160) –alegación nº 24–; Rogelia de Reis Domínguez (doc. 130017165) –alegación nº 25–; Sara Nogueira González (doc. 130017166) –alegación nº 26–, o día 11.2.2013; por Adolfo Agulla Gallego, que afirma actuar no seu propio nome e como poderdante de Fátima Fernández Lameira, que afirma representar a Juan Carlos Rocha Fernández (doc. 130017857) o día 12.2.2013 –alegación nº 27–; por Mª Pilar Monteiro González (doc. 130018220) –alegación nº 28– e Plácido Salgueiro Soñora (doc. 130018221) –alegación nº 29–, o día 13.2.2013 e por Lourdes Lorenzo Carpintero (doc. 130022749) –alegación nº 30– o día 25.2.2013, de acordo cos fundamentos do informe proposta supra transcrito.

Terceiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de 502 vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía e camiño da Raposa, no polígono de Coia, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e redactado pola arquitecta Cristina Cameselle Solá con datas de novembro de 2010 e xullo 2012, cos documentos que o conforman, de acordo coa proposta supra transcrita.

Cuarto. Dar traslado deste acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xunto con copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, sobre os cales recae a presente aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello, facendo constar esta cuestión.

Quinto. Ordenar a publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, en cuxo anuncio se fara mención á remisión á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da documentación referida na epígrafe quinta deste acordo e, así mesmo, publicar no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Sexto. Ordenar a publicación do presente acordo, xunto coa ordenación definitivamente aprobada, na páxina web do concello.

Sétimo. En cumprimento do disposto no artigo 4.e) do texto refundido da Lei do solo, remitirlles aos alegantes a resposta motivada das súas alegacións e practicar as notificacións preceptivas, sinalando que os instrumentos de planeamento teñen natureza de disposición xeral polo que, contra este, se poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio das accións legais que xulguen convenientes.

Oitavo. Este acordo será susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a publicación do anuncio da súa aprobación definitiva».

Mediante oficio do 20 de novembro de 2013 foi remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a documentación referida na epígrafe quinta deste acordo.

Vigo, 10 de decembro de 2013

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo