Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expediente 2456/426).

A entidade Mutual Midat Cyclops Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 1 solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenza de obras de acondicionamento e licenza de actividade e instalacións para un centro asistencial de accidentes laborais que se situará na rúa Urzáiz, número 37, planta baixa e soto (expediente 2456/426).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poidan alegar o que consideren oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará unha vez transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na Praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 18 de decembro de 2013

María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo