Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre cocedoiro para moluscos brancos e depuradora de augas residuais en industria conserveira, no polígono do Pousadoiro.

Conservas Portomar, S.L., entidade representada por Fco. José Silva Santos, solicitou licenza municipal de actividade para cocedoiro para moluscos brancos (Ameixas, Navallas) e depuradora de augas residuais industriais en industria conserveira, que se situará no polígono do Pousadoiro-parcela 2-3. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 14 de xaneiro de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente