Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5961

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo

ANUNCIO sobre elección de vacante dunha vogalía no Pleno e procedemento para a súa provisión.

O Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo declarou, de acordo coa lexislación vixente, a vacante dun dos seus vogais dos elixidos por proposta das organizacións empresariais e, de conformidade co previsto no artigo 61 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, o procedemento da súa provisión tramitarase de acordo cos seguintes preceptos do citado regulamento:

Primeiro. No prazo dos 15 días hábiles seguintes á data de publicación deste anuncio no DOG, as organizacións empresariais máis representativas, segundo os criterios definidos no artigo 28, presentarán ante a Xunta Electoral a lista das súas candidaturas, que deberán cumprir os requisitos sinalados nos artigos 29 e 30.

Segundo. A elección para prover a vacante axustarase ao que dispoñen os capítulos VI, IX e X do título I.

Terceiro. As competencias propias da Xunta Electoral asumiranse polo Comité Executivo da dita Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, con sede na da propia entidade, rúa República Arxentina 18 A, de Vigo.

Vigo, 23 de xaneiro de 2014

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral accidental da Cámara Oficial de Comercio,
Industria e Navegación de Vigo