Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de corrección de erros da información pública sobre nave e instalación para explotación de vacún de rubia galega na Az (Ousende).

Advertido erro no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 26 de decembro de 2013, na páxina 50240, en que figura o anuncio de información pública sobre o proxecto de instalación para unha explotación de vacún de rubia galega por instancia de Iván González Martínez, cómpre realizar a seguinte corrección:

Onde di: «...polígono 73, parcela 145...», debe dicir: «...polígono 102, parcelas 22 e 23...».

O que se fai público para os efectos oportunos.

O Saviñao, 23 de xaneiro de 2014

Joaquín González González
Alcalde