Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5768

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013

Convenio

Data da sinatura

Importe

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Ribeira para a realización dun novo mercado municipal.

1.10.2013

900.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster de Pizarra de Galicia para a execución de proxectos de loita contra o po de sílice.

9.9.2013

350.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster do Granito de Galicia para a execución dun Plan de acción de loita contra a sílice.

9.9.2013

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha Xornada sobre dereito da enerxía no marco do máster universitario en Dereito das Administracións e Institucións Públicas.

27.9.2013

3.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no pazo de feiras e congresos da cidade de Lugo.

31.12.2013

75.400,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Universidade da Coruña para a investigación e realización de probas de control de calidade dos hidrocarburos en Galicia.

12.12.2013

175.000,00

Addenda aos dous convenios de colaboración, subscritos o 4.10.2010 e o 25.6.2012 entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a empresa Repsol Butano, S.A. para o desenvolvemento de redes de distribución de GLP en núcleos de poboación, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2007-2013.

30.12.2013

375.000,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Verín para a adecuación de liñas eléctricas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

22.10.2013

00,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas para a adecuación de liñas eléctricas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

22.10.2013

00,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e as empresas Gas Galicia SDG, S.A. e Gas Directo, S.A. para o desenvolvemento do Plan de gasificación de Galicia 2011-2013, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa opertivo Feder 2007-2013.

30.12.2013

1.726.500,00