Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (466/2012).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario nº 466/2012 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 21 de xaneiro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Jorge Ramón Iglesias Castro, asistido polo letrado Xavier Castro, fronte á mercantil XXL Producción e Loxística, S.L., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, e Isabel Álvarez Presas, na súa condición de administradora concursal, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Decido que estimo integramente a demanda interposta por Jorge Ramón Iglesias Castro fronte á mercantil XXL Producción e Loxística, S.L., o Fogasa e Isabel Álvarez Presas e, en consecuencia, condeno a mercantil XXL Producción e Loxística, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 8.663,64 euros en concepto de indemnización por despedimento, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuro de mora, debendo responder destas cantidades, na súa soa condición de administradora concursal, Isabel Álvarez Presas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a XXL Producción e Loxística, S.L. e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial