Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5604

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de notificación á Federación Ecoloxista Galega da revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2010002650).

Dado que se está a tramitar o documento da revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación municipal de Ourense e, de acordo co exixido no documento de referencia, faise necesario solicitar a consulta á Federacion Ecoloxista Galega.

Por ignorar o lugar para a notificación á mencionada asociación, e en cumprimento dos artigos 59.5 e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, ponse no seu coñecemento a dispoñibilidade do dito documento no Negociado de Planeamento Urbanístico, con domicilio na rúa García Mosquera, nº 19-1º, das 9.00 ás 14.00 horas, e na paxina web do Concello de Ourense.

O prazo da emisión do informe é de tres meses para o informe instado en relación co artigo 85.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e dun mes en relación co artigo 85.3 da LOUG.

Ourense, 2 de xaneiro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente