Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5603

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre venda de accesorios do automóbil no parque empresarial do Milladoiro.

Jesús González Fernández, en representación de Comercial Impormóvil, S.A., solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar actividade de venda de accesorios do automóbil que se situará na rúa Palmeiras, nº 62A1, parque empresarial do Milladoiro.

Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente en Urbanismo, no Departamento de Aperturas, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 5 de novembro de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde