Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de outubro de 2013, da Zona Centro de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros, solicitada por Repsol Combustible Petrolíferos, S.A., no porto de Camelle (expediente 12-29-13-C-1).

Repsol Combustible Petrolíferos, S.A. solicita a concesión administrativa de terreos de dominio público portuario do porto de Camelle para a construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros no porto de Camelle, segundo o proxecto de execución I.A.S.B. Camelle, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Francisco Javier Canabal Fiestras (colexiado nº 3633) o 18 de xuño de 2013 e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, co número 21301080.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, situadas na rúa calle Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 11 de outubro de 2013

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia