Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica aos interesados o trámite de audiencia no procedemento de baixa, no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, dunhas explotacións apícolas.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 e novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 1º.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 23 de xaneiro de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: baixa de explotacións no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

Xoán Lois Gallego Torrado (DNI 34918063S).

Jesús Cruz Silvarei (DNI 33777263S).