Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 235/2013-E interposto por Dorinda Silva Ramos.

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense en relación co recurso contencioso-administrativo P.A. 235/2013-E, interposto por Dorinda Silva Ramos contra a Resolución do 5 de xullo de 2013, da Consellería do Medio Rural e do Mar, que desestima o recurso de alzada relativo ao expediente sancionador INC-OU-137/2011-BIO.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e son emprazados para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 3 de febreiro de 2014

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense