Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2014 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/38/2013.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/38/2013 ditou, o 19 de decembro de 2013, resolución pola que se notifica a apertura dun período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/38/2013, incoado polas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación de tipoloxía residencial e dunha edificación auxiliar a este uso residencial, sen vinculación a explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Bo Villa, no termo municipal de Outeiro de Rei.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Abel Paredes Hermida, en calidade de promotor das ditas obras e copropietario do terreo onde se levan a cabo as obras, e a Regina Sanmartín Pico, como copropietaria do terreo onde se levan a cabo as obras, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística