Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2014 pola que se informa da resolución de revogación en relación co procedemento CT221C tramitado na Secretaría Xeral Cultura.

No uso das competencias atribuídas a esta secretaría xeral, e en virtude do disposto nos artigos 84 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día polas que se lle comunica a resolución de revogación, ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a concesión de subvencións á promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e a tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 2, do 4 de xaneiro), modificada pola Orde do 5 de maio de 2011 (DOG núm. 101, do 26 de maio), infórmaselle da resolución de revogación dos expedientes CT221C 2011/110 e CT221C 2011/111 e comunícaselle de que pode alegar o que considere pertinente nun prazo non superior a 15 días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula, coa advertencia de que, de non facelo así procederase ao acordo de iniciación do expediente de reintegro da subvención.

A entidade con domicilio social nese concello á cal se lle comunica a resolución de revogación é a seguinte:

NIF

Entidade

Expedientes

Título do proxecto

Motivo

B70228507

Santiago Compostela Internacional Editores, S.L.

CT221C 2011/110

O pequeno heroe

Resolución de revogación

B70228507

Santiago Compostela Internacional Editores, S.L.

CT221C 2011/111

Un episodio vergoñento

Resolución de revogación

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura