Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola cal se notifica o acordo de procedencia de reintegro dunha subvención concedida (expediente CT221C 2011/115).

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de procedencia de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do conselleiro de Cultura e Turismo do 23 de novembro de 2011.

Faise saber que a interesada disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

Anexo

Entidade: Editorial Danu.

Enderezo: rúa Tras do Pilar, núm. 6, 2, 15701 Santiago de Compostela.

Núm. expediente: CT221C 2011/115.

Data do acordo de procedencia de reintegro: 9 de decembro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 3.2 da Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, modificada pola Orde do 5 de maio de 2011.

Cantidade que hai que reintegrar: 2.142,80 €.