Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5297

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan especial de reforma interior da UE-02.

Aprobouse inicialmente a modificación do Plan especial de reforma interior da UE-02 no concello de Salceda de Caselas, que afecta os terreos situados dentro do polígono catastral 32, cuxos lindeiros son: ao leste coa antiga estrada PO-410 e a estrada a Caldelas; ao norte coa Esfarrapada, ao sur coa estrada PO-410 e ao oeste coa Feira. De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado no Departamento de Urbanismo do concello, para que formule as alegacións que considere pertinentes ou para obter copias.

Suspéndese o outorgamento de licenzas no ámbito do Plan especial da UE 02. A suspensión determinada pola aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos contados desde a dita aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do plan.

Salceda de Caselas, 29 de xaneiro de 2014

Marcos David Besada Pérez
Alcalde