Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5298

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre o Plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha Forte (PE-7R).

A Xunta de Goberno Local da cidade de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 21 de novembro de 2013, aprobou inicialmente o Plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha Forte (PE-7R), segundo o documento presentado polo Consorcio de Santiago o 29 de outubro de 2013, coa condición de que, con anterioridade á apertura do trámite de exposición pública, se emenden as deficiencias que se sinalan no mesmo acordo.

Con data do 9 de decembro de 2013, o promotor presentou un documento reformado no cal se emendaron as deficiencias sinaladas.

En aplicación do disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), o expediente sométese ao trámite de información pública, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan consultar o expediente, no Servizo de Planeamento e Xestión, e, de ser o caso, formulen as alegacións que xulguen oportunas.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento de licenzas para todas aquelas actuacións que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde o acordo de aprobación inicial, e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do plan especial.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible