Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5296

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO información pública (expediente 7342/13).

Por instancia de Cecilia García Saavedra, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra de instalación de balsa de xurro vinculada a explotación de vacún de leite existente; sita nunha parecela próxima a Oís Grande, parroquia de Bermés, Lalín (expediente 7342/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado, no Departamento de Urbanismo-Licenzas, e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 16 de xaneiro de 2014

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo