Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/171/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 25 de novembro de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Teresa Cabalo García, en relación coas obras que se executan en solo de núcleo rural sen a preceptiva licenza municipal de obras, consistentes no peche dunha parcela no lugar das Modias, 4, San Martiño de Porto, no termo municipal de Cabanas, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Do mesmo xeito, comunícaselle que foi enviado o impreso para o pagamento das taxas para así proceder ao envío da copia completa do citado expediente que a interesada solicitou mediante escrito dirixido a esta Axencia, e que tamén foi devolto por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística