Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5208

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2014 pola que se conceden as axudas reguladas na Orde do 19 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para que as/os mariscadoras/es a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización ao réxime especial dos traballadores do mar co obxecto de alcanzar a pensión de xubilación e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

1. A Orde do 19 de setembro de 2013 establece, en primeiro lugar, as bases reguladoras das axudas para que as/os mariscadoras/es poidan completar os períodos mínimos de cotización ao réxime especial dos traballadores do mar, mediante a subscrición dun convenio especial, co fin de alcanzar a pensión de xubilación na súa modalidade contributiva e, en segundo lugar, procede á súa convocatoria para o ano 2013.

2. Todas as beneficiarias relacionadas no anexo presentaron as solicitudes destas axudas no prazo e lugar establecidos, de acordo co disposto nos artigos 6 e 7 da citada orde. Así mesmo, algunhas delas achegaron a documentación que lles foi requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o establecido no artigo 10.

3. Unha vez examinadas as solicitudes das persoas referidas no anexo, comprobouse que todas elas cumpren os requisitos establecidos no artigo 3 da Orde do 19 de setembro de 2013, reguladora destas axudas.

4. Cómpre indicar que estas axudas están destinadas a aboar o importe do convenio especial que se debe subscribir coa Seguridade Social (coa base mínima do grupo III, tarifa 9, do réxime especial dos traballadores do mar, ou de base igual ou superior a aquel), coa limitación dunha contía máxima de 350 € mensuais.

O importe concreto e subvencionable das respectivas cotas mensuais difire segundo os casos, en función do disposto nos artigos 6 e 7 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, pola que se regula o convenio especial no sistema da Seguridade Social, nos cales se reflicte o cálculo daquelas en función da base de cotización que corresponda (elixible pola interesada de entre as posibles e, se é o caso, modificada ou incrementada), o tipo de cotización (único e vixente en cada momento) e coeficiente/s redutores aplicables (fixados anualmente polo ministerio competente), así como da data de efectos iniciais e finais do convenio.

O importe total da subvención en cada suposto está calculado de acordo co seguinte:

– Se as beneficiarias xa tiveren achegado os recibos xustificativos dos ingresos, vén determinado pola suma da contía das respectivas cotas (en todo caso, co citado límite máximo).

– Se aínda non os presentasen (a obriga é de achegalos con anterioridade ao pagamento), polo importe máximo subvencionable. Se é o caso, este minorarase, posteriormente, en función da suma da citada contía.

5. O período subvencionable abrangue desde o 1 de novembro do ano anterior ao da convocatoria e o 31 de outubro do ano da convocatoria, por tanto, meses de novembro e decembro de 2012 e meses de xaneiro a outubro de 2013, salvo que a beneficiaria adquirise o dereito á percepción da pensión de xubilación con anterioridade a esta última data.

6. Segundo o disposto no artigo 12.3 desta orde, a/o interesada/o deberá remitir a esta secretaría xeral técnica, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, o escrito de aceptación, datado e asinado, no cal comunicará a aceptación ou rexeitamento da axuda nas condicións expresadas. Transcorrido este prazo sen manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

7. A axuda liquidarase nun só pagamento e para a súa xustificación e aboamento é imprescindible que as/os beneficiarias/os presenten, segundo o disposto no artigo 14 da Orde do 19 de setembro:

– O anexo IV da orde, datado e asinado.

– O xustificante acreditativo dos pagamentos das cotas do convenio realizados ata o momento.

– De ser o caso, certificacións de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social e de non ter débedas pendentes, por ningún concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

8. As persoas beneficiarias deberán comunicar á consellería calquera modificación das condicións tidas en consideración para a concesión da axuda, no prazo dos cinco (5) días seguintes a aquel en que esta se produza.

9. As persoas beneficiarias someteranse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectúe a consellería, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás que a lexislación vixente lles atribúe a outros organismos da Comunidade Autónoma.

Someteranse, así mesmo, ás obrigas establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Polo exposto, e logo de examinar a proposta da Secretaría Xeral Técnica, do 18 de decembro de 2013, en relación co procedemento indicado e segundo o previsto no artigo 12 da Orde do 19 de setembro de 2013, reguladora destas axudas,

RESOLVO:

Conceder as axudas solicitadas ás persoas relacionadas no anexo desta resolución polo importe sinalado nel.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente da orde contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

P.D. (Orde do 19.9.2013; DOG do 30 de setembro)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Relación das persoas beneficiarias destas axudas

Expte.

Apelidos

Nome

DNI

Período subvencionado

Total resolución

2013/1

Castro Esperón

María

35222376S

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/7

Rial Esperón

Mercedes

35226918A

1.11.2012
a 6.3.2013

1.384,00

2013/16

Domínguez Rodríguez

Lucía

32314586T

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/18

Villanueva Nacimento

Mercedes

76789731E

1.11.2012 a 30.6.2013

2.684,19

2013/21

Nistal Santiago

María del Pilar

35267284G

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/25

Abuín Cespón

Aurora

76466861A

1.11.2012 a 31.1.2013

999,98

2013/33

Tajes Lema

María Luisa

76297326R

1.11.2012 a 30.9.2013

3.700,68

2013/35

Oliveira Núñez

Carmen

35414106V

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/40

Silva Martínez

María

35240927M

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/44

Eirabella Vázquez

María Luisa

76789830Y

1.11.2012 a 19.3.2013

1.530,98

2013/51

Esperón Torres

Claudina

35238920E

1.11.2012 a 13.12.2012

464,43

2013/53

Rodiño Rodríguez

Emilia

35216622B

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/60

Rojo Cibrán

Dolores

76275097J

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/75

Insua Godoy

Dolores

76480419Z

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/76

Martínez García

Manuela

33151943L

1.11.2012 a 31.1.2013

987,24

2013/78

Paz Lestón

María

76479840X

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/79

Insua González

Pastora

76480408A

1.11.2012 a 31.1.2013

1.001,03

2013/81

Caamaño Rama

María Teresa

33146231B

1.11.2012 a 31.10.2013

4.018,29

2013/82

Leis Batalla

María Socorro

76445671L

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/86

Argibay Zúñiga

María

76463906S

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/90

Caínzos Sánchez

Pastora

76380802X

1.11.2012 a 31.10.2013

4.039,86

2013/91

Prieto Paz

María América

32592716Z

1.11.2012 a 31.10.2013

4.039,86

2013/99

Vilas Vilas

Margarita

76830291X

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/106

Domínguez Rodríguez

Carmen

76925282B

1.11.2012 a 31.7.2013

3.023,37

2013/110

Allo Barros

Esther

76836917N

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/116

Estraviz Pombo

Pura

76850859Q

1.11.2012 a 11.3.2013

1.451,83

2013/120

Vieites Gondar

María Rosa

35411323V

1.11.2012 a 31.10.2013

4.052,60

2013/132

Fontán Reguera

María Alicia

35226330J

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/138

Rey Ramos

Francisca

32337956W

1.11.2012 a 31.10.2013

4.018,29

2013/141

Vidal Caamiña

Concepción

76480922B

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/142

Esperante Lesende

Carmen

76467627X

1.11.2012 a 31.10.2013

4.052,60

2013/145

Fernández Dios

María del Carmen

35414358Q

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/153

Radio Varela

María del Carmen

35394419H

1.11.2012 a 28.2.2013

1.326,42

2013/159

Rodríguez Otero

Marina

76832588F

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/171

García Bellón

María Luisa

32578710S

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/181

Pérez Hermo

Carmen

76445297J

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/202

Rodríguez Caamaño

Dolores

76446776C

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/206

Gómez Gómez

Carmen

76445673K

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/207

Otero Castro

Carmen

35401451N

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/209

Rial Sanes

María Teresa

35417419H

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/210

Cores Mougán

Teresa

35400064M

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/211

López Goce

Zulema

76982507N

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/216

Durán Barreiro

María del Pilar

76982239C

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/219

Goce Durán

Dolores

76977801K

1.11.2012 a 31.10.2013

4.053,65

2013/221

Fernández Muñíz

Patrocinio

35414212P

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/222

Fernández Vieira

Amelia

76764505G

1.11.2012 a 31.5.2013

2.356,70

2013/229

Iglesias Martínez

María

76315539K

1.11.2012 a 31.1.2013

987,24

2013/230

Díaz Villanueva

Enriqueta

35269442T

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/242

Sande Rivadeneira

María Piedad

33216850C

1.11.2012 a 31.10.2013

4.063,10

2013/259

Albar Carballa

María Luisa

35241096J

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/269

Arias Portijo

Elisa

76377769J

1.11.2012 a 31.10.2013

4.040,91

2013/274

Lorenzo Lorenzo

Josefina

35408820K

1.11.2012 a 31.10.2013

4.039,86

2013/275

Míguez Vidal

Luís

76848042M

1.11.2012 a 28.2.2013

1.340,21

2013/289

Rosales Pazos

Cándida

35269064J

1.11.2012 a
5.6.2013

2.414,28

2013/291

Recuna Rodríguez

Milagros

35405293J

1.11.2012 a 31.10.2013

4.052,60

Total

187.706,54

ESCRITO DE ACEPTACIÓN

NÚM. EXPEDIENTE:

PROCEDEMENTO: PE152A. Orde do 19 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para que as/os mariscadores/as a pé poidan completar os períodos máximos de cotización ao réxime especial dos traballadores do mar co obxecto de alcanzar a pensión de xubilación e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (DOG núm. 186, do 30 de setembro)

Nome e apelidos (DNI)

EXPOÑO QUE:

Tiven coñecemento da resolución de concesión da axuda e, de acordo co disposto no artigo 12.3 da citada orde, COMUNICO que:

(riscar cun X o que corresponda)

� ACEPTO A AXUDA nos termos e condicións sinalados na resolución e comprométome a cumprir todas as obrigas exixidas ás beneficiarias na referida orde e demais normativa aplicable.

� REXEITO A AXUDA.

.........................................................., ..... de .................................. de …….

Asinado: a/o solicitante,

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA

Edificios Administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña)