Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5215

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 28 de xaneiro de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte, anunciada pola Orde do 20 de decembro de 2013.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte, anunciada pola Orde do 20 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 247, do 27 de decembro), de conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte, anunciada pola Orde do 20 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 247, do 27 de decembro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar o/a funcionario/a que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do/a funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou de sete días hábiles se radica en distinta localidade. Cando o/a funcionario/a obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo único do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, que modifica o artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lle fosen concedidas ao/a interesado/a. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, o/a interesado/a poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014

P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG nº 219, do 15 de novembro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Peleteiro Estévez, María.

NRP: 3531347846 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Contratación e Xestión Económica.

Código: PX.401.00.001.15770.040.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 28.

Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte.

Localidade: Santiago de Compostela.