Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 18 de decembro de 2013 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión do viveiro J.A.R. II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro J.A.R. II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 31 de outubro de 2013, José Antonio Álvarez López (36040467L), no nome de Bernardo Álvarez Iglesias, solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro J.A.R. II.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, de pesca de Galicia, e a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de José Antonio Álvarez López (36040467L), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.A.R. II.

Localización:

Cuadrícula nº: 7.

Polígono: C .

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 20.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Bernardo Álvarez Iglesias (35857102X).

Novo titular: José Antonio Álvarez López (36040467L).

O novo titular subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Así mesmo, e de acordo coa Resolución da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 13 de decembro de 2013, que autoriza a transmisión mortis causa da axuda PE205B 2010/7-5, o novo titular do ben subvencionado subrógarase en todas as obrigas contraídas polo transmitente e, en particular, deixará constancia do importe da axuda concedida e non efectuará ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006.

Deberá manter os investimentos obxecto da axuda durante un período de cinco anos nos termos previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 e no artigo 24 da Orde do 22 de xaneiro de 2010 reguladora da axuda.

Dentro dos tres meses seguintes á data da transmisión, remitirá á Secretaría Xeral do Mar unha copia do documento público de transmisión no cal se recollan as obrigas en que se subroga desde o momento da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde de autorización de transmisión mortis causa desta batea.

O incumprimento destas obrigas será causa do reintegro da axuda.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 18 de decembro de 2013

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo