Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cotobade (expediente IN407A 2013/282-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT Cuíñas.

Situación: Cotobade.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 852 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo proxectado no apoio existente da LMT SJG805, na derivada ao CT existente Laxes Viascón, e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Cuíñas, Santiago de Viascón, Cotobade.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificación Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra