Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación de potencia CT Monte Porreiro I.
Situación: Pontevedra.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación Monte Porreiro I, situado na rúa Illa de Man, nº 4, Monte Porreiro, Pontevedra, a 250 kVA con RT 20 kV/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 8 de xaneiro de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra