Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo, que conta con autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do 27 decembro de 2012 (expediente IN407A 2012/266-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT Cambeses.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 200 metros de lonxitude, con orixe na LMTS TRO722, cara o CT Ramón Nieto nº 229, e final no CT Ramón Nieto nº 246 unha vez entre e saia do CT proxectado Cambeses. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado na baixada D. Martín, Vigo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1:

Municipio: Vigo; lugar: Cambeses; referencia catastral: 6154901NG2765S000SG;
titular: Elías Gabián Piñeiro; afeccións: 103 m2 de servidume de paso da liña e acceso ao centro de transformación.

Predio 2:

Municipio: Vigo; lugar: Cambeses; referencia catastral: 6154941NG2765S000AG;
titular: Comunidad de Bienes Curros Don Martín; afeccións: 74 m2 de servidume de paso da liña e acceso ao centro de transformación e 34 m2 de solo para o centro de transformación.