Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4784

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2014 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das policías locais dos concellos de Galicia.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2014 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor na súa xuntanza do 27 de decembro de 2013, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2014, cuxas bases, características e contido, especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 28 de xaneiro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que, de producirse esta situación, os/as interesados deberán comunicalo á Agasp de xeito inmediato, no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano contado desde o día seguinte a que se teña coñecemento do feito, e no caso de estar realizando efectivamente un curso, non se emitirá diploma ningún.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

No caso de quedar prazas vacantes, poderá acceder aos cursos persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp
(htpp://agasp.xunta.es), non se admitira ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp, manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de estar nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberá remitir á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso, se tal documentación xa está en poder da Agasp; neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

a) Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22), por correo electrónico (formacion.agasp@xunta.es) ou de acordo co establecido no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar noutros curso durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo de que para cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para seren destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37.bis da Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así coma un número adecuado de reservas, con polo menos, 10 días naturais antes do inicio de cada curso.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles desde a súa publicación.

Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica, todos aqueles que non figuren na relación, non foron seleccionadas, ben porque ocupan un posto máis afastado na listaxe de reservas, ben porque foron excluídas por algún motivo dos expresados nesta convocatoria, todo de acordo co previsto no artigo 59.6.b) da LRXPAC.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar os concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo xefe/a do corpo da policía local do concello en que traballe ou persoa responsable del.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberán quedar acreditados suficientemente os seus motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que convoque o Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e nos que a persoa figure como posible destinataria deles, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que polo menos teñan a mesma carga horaria, do curso polo que foi penalizado.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, e poderán realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e en ningún caso poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior. En todo caso, para poder valorar esta posibilidade non poden transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada no só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado procurará asistir aos cursos co uniforme regulamentario, e será obrigatorio o seu uso en determinados cursos, nos cales se indicará expresamente.

3. O alumnado en ningún caso estará en posesión da arma regulamentaria dentro da Agasp, nin a portará en calquera actividade lectiva, extra-lectiva ou complementaria organizada (agás nas prácticas e cursos de tiro, para os cales, deberán cumprir de forma estrita as normas e instrucións que se impartan ao respecto).

4. O alumnado que solicite cursos na modalidade de teleformación deberá dispoñer dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

a) Ordenador con conexión á internet.

b) Calquera navegador web co plugin de flash.

c) Sistema operativo Windows 7.

No caso dos cursos de teleformación de contido informático, o/a alumno/a deberá posuír o programa informático do que se vai impartir o curso, non será xustificación suficiente de renuncia do curso, unha vez seleccionado, non posuílo, e tal circunstancia será penalizada coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde a data da renuncia.

Sexta. Certificación

1. Para poder superar os cursos, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao remate destes.

2. No caso dos cursos de teleformación ou mixtos, para poder superalos é obrigatorio cumprir os seguintes requisitos:

a) Asistencia ás sesións presenciais que se determinen.

b) Correcta realización das actividades que o/a titor/a propoña no prazo que se determine.

c) Lectura detallada dos contidos do curso.

d) Superación das probas finais que se establezan e que se realizarán sempre nunha sesión presencial na Agasp.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Data de comezo

Data de remate

Horario

141003

Condución de motocicletas

16

8

12.5.2014

12.5.2014

9.00 a 18.30 h

141004

Condución evasiva

16

8

13.5.2014

13.5.2014

9.00 a 18.30 h

141005

Condución evasiva

16

8

10.3.2014

10.3.2014

9.00 a 18.30 h

141006

Condución evasiva

16

8

11.3.2014

11.3.2014

9.00 a 18.30 h

141007

Condución 4×4

20

20

21.4.2014

23.4.2014

9.00 a 18.30 h 9.00 a 14.00 h

141008

Condución 4×4

20

20

23.4.2014

25.4.2014

9.00 a 18.30 h 9.00 a 14.00 h

141009

Actualización en materia de seguridade viaria

30

21

3.3.2014

5.3.2014

9.30 a 18.30 h 9.00 a 14.00 h

141010

Actualización en materia de seguridade viaria

30

21

7.4.2014

9.4.2014

9.30 a 18.30 h 9.00 a 14.00 h

141011

Actualización en materia de seguridade viaria

30

21

17.3.2014

19.3.2014

9.30 a 18.30 h 9.00 a 14.00 h

141012

Operadores de radar

20

20

25.2.2013

26.3.2014

9.00 a 14.00 h 15.30 a 18.30 h

141013

Básico de investigación de accidentes de tráfico

25

30

24.2.2013

13.3.2014

10.00 a 14.00 h 5.00 a 19.00 h

141014

Avanzado de investigación de accidentes de tráfico

25

65

7.4.2014

26.5.2014

10.00 a 14.00 h 15.00 a 19.00 h

141015

Elaboración de atestados de tráfico

25

15

26.2.2014

28.2.2014

9.30 a 14.30 h

141016

Elaboración de atestados de tráfico

25

15

17.3.2014

19.3.2014

9.30 a 14.30 h

141017

Técnicas de comunicación

25

20

10.3.2014

12.3.2014

9.30 a 19.00 h 9.00 a 14.00 h

141018

Técnicas de comunicación

25

20

28.4.2014

30.4.2014

9.30 a 19.00 h 9.00 a 14.00 h

141019

Funcións da policía local en materia de urbanismo

25

21

19.3.2014

21.3.2014

10.00 a 19.30 h 9.00 a 14.00 h

141020

Animais domésticos e especies protexidas

25

12

29.4.2014

30.4.2014

10.00 a 19.30 h 9.00 a 14.00 h

141021

Intervención da policía local en materia de ambiente: verteduras e residuos

25

20

19.5.2014

21.5.2014

9.30 a 19.00 h 9.00 a 14.00 h

141022

Intervención da policía local en materia de ruídos e molestias xeradas en inmobles privados

25

20

20.5.2014

22.5.2014

10.00 a 19.30 h 9.00 a 14.00 h

141023

Intervención policial ante persoas con trastornos mentais

25

16

26.3.2014

27.3.2014

9.30 a 18.30 h

141025

Curso avanzado no manexo da arma regulamentaria

9

20

24.2.2014

27.2.2014

16.00 a 21.00 h

141024

Curso básico no manexo da arma regulamentaria

18

20

21.4.2014

24.4.2014

16.00 a 21.00 h

141026

Control e rexistro de vehículos

20

20

13.5.2014

15.5.2014

9.30 a 18.30 h 10.00 a 14.00 h

141027

Control e rexistro de vehículos

20

20

2.6.2014

4.6.2014

9.30 a 18.30 h 10.00 a 14.00 h

141028

Controis policiais

20

21

3.3.2014

17.3.2014

10.00 a 19.00 h

141029

Controis policiais

20

21

7.4.2014

21.4.2014

10.00 a 19.00 h

141030

Protección de persoas e edificios

20

16

23.4.2014

24.3.2014

10.00 a 19.00 h

141031

Medición de ruídos

20

16

25.2.2014

26.2.2014

10.00 a 19.00 h

141032

Intervención policial con entrada en lugares pechados

20

20

8.4.2014

24.4.2014

9.00 a 14.00 h

141033

Intervención policial con entrada en lugares pechados

20

20

8.4.2014

24.4.2014

15.30 a 20.30 h

141034

Cambio e motivación

25

16

27.2.2014

20.3.2014

10.00 a 14.00 h

141035

Curso básico de manexo dos inmobilizadores electrónicos

20

12

11.3.2014

25.3.2014

10.00 a 14.00 h

141036

Introdución á linguaxe de signos

20

25

14.4.2014

16.4.2014

9.30 a 19.00 h 9.30 a 14.00 h

141037

Introdución á linguaxe de signos

20

25

9.6.2014

11.6.2014

9.30 a 19.00 h 9.30 a 14.00 h