Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4835

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1380/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos número 1380/2012 por instancia de José Luis Canosa Domínguez contra a empresa Grupos Electrógenos Lestón, S.L. sobre cantidade, nos cales no día 13 de novembro de 2013 se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José Luis Canosa Domínguez contra a empresa Grupos Electrógenos Lestón, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Grupos Electrógenos Lestón, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 9.201,53 euros brutos polos salarios devindicados entre novembro de 2011 e febreiro de 2012, incluíndo paga extraordinaria de Nadal, paga extraordinaria de marzo e a parte proporcional das pagas extraordinarias de xullo e Nadal de 2012, e a compensación económica por vacacións non desfrutadas do ano 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais. E a cantidade de 19.782,09 euros como indemnización por despedimento obxectivo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Grupos Electrógenos Lestón, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas ou autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial