Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4833

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (232/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos co número 232/2013 por instancia de María Carmen Bacariza López contra Construcciones e Ingeniería Nares, S.A., e Fogasa sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María Carmen Bacariza López contra Construcciones e Ingeniería Nares, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Construcciones e Ingeniería Nares, S.A. a que lle aboe á demandante a cantidade de 7.583,06 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo de que foi obxecto o 5 de decembro de 2012.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Construcciones e Ingeniería Nares, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas ou autos, expido e asino esta cédula.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial