Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2014, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se informa que se dá a coñecer a poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia, do 13 de xaneiro de 2014, infórmase que o día 27.3.2014 ás 10.00 horas no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña, (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición do ben

Valor

Cargas

Tipo 1

Tramo

1

Dereitos hereditarios sobre o predio rústico sito no lugar de concentración de Pegariños, parcela nº 82, nomeada Castiñeiro, no Concello de Ames. De superficie de 25 áreas e 61 centiáreas. Predio 5861 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

23.097,12

0,00

23.097,12

100

2

Vivenda acaroada no lugar de Fixo, Calo, Concello de Teo, cunha superficie construída de 196,52 m2. Predio 31004 do Rexistro da Propiedade de Padrón.

194.093,80

185.622,00

8.471,80

100

3

3/38 do pleno dominio con carácter privativo por título de agrupación, obra nova e división horizontal do local destinado a prazas de garaxe e rochos, sito no soto nº 2, do edificio sinalado co número 73, da avenida de Xesús García Naveira, en Betanzos. Superficie construída: 208 m2. Predio nº 20308 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

4.183,59

0,00

4.183,59

100

4

25/75 do pleno dominio con carácter privativo por título de propiedade horizontal do soto integrado por dúas plantas, comunicadas entre si polo correspondente vial, sito na avenida Jesús García Naveira, nº 63 A, soto, Concello de Betanzos. Superficie construída: 125 m2. Predio nº 20823 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

10.615,42

0,00

10.615,42

100

5

Predio rústico no lugar de Figueiras, Cacharela, Concello de Santiago de Compostela, da que constan como titulares da núa propiedade José Ferreiro Campos e a súa esposa María Teresa Suárez Barreiro, casados en réxime de gananciais, sendo titular do usufruto desta María Teresa Barreiro Suárez, por título de herdanza. Predio con referencia catastral 15079B521005360000IT, cunha superficie de 2.230 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

73.826,20

0,00

73.826,20

100

6

Predio rústico, a secano, número 658, do plano oficial de concentranción parcelaria das parroquias de Val-Castro-Trasancos, ao lugar de Regueiros, Concello de Narón. Predio 23680 do Rexistro da Propiedade de Narón. Referencia catastral: 15055A518006580000AG. Superficie: 21 áreas.

2.562,00

0,00

2.562,00

50

7

Predio rústico, a regadío, número 693 do plano oficial de concentranción parcelaria das parroquias de Val-Castro-Trasancos, ao lugar de Riazo, Concello de Narón. Predio 23714 do Rexistro da Propiedade de Narón. Referencia catastral: 15055A518006580000AG. Superficie: 29,40 áreas.

3.586,20

0,00

3.586,20

50

8

1/2 do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda do piso 1º da casa composta de baixo e piso, sinalada co número 69 da rúa Alonso López, na cidade de Ferrol. Da superficie construída de 45,96 m2. Predio 63911/1 do Rexistro da Propiedade de Ferrol.

28.186,11

0,00

28.186,11

100

9

100 % do usufruto con carácter ganancial por título de cesión da casa sita no lugar Denle no Concello de Fisterra, composta de baixo e piso, de 42 m2; con horta unida ou Horta de Xunto a Casa de 4 áreas e 52 centiáreas, na que está situado un hórreo de cantaría de catro pés por lado, circundada de muro. Predio 7237 do Rexistro da Propiedade de Corcubión.

14.750,16

0,00

14.750,16

100

10

100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda do local comercial sito no baixo da casa sinalada co número 27, hoxe 33 da rúa San Roque, no Concello de Santiago de Compostela. Da superficie construída de 38 m2. Ten como anexo un patio de 13,38 m2. Predio 30821 do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela.

51.474,80

0,00

51.474,80

100

11

Vehículo Daewoo Kalos, bastidor KLASF48T14B204476, matrícula 0034CWZ.

1.254,00

0,00

1.254,00

50

12

Vivenda en andar baixo na man esquerda ou letra A no edificio con fronte na rúa Torrente Ballester, sito na parcela 1 do conxunto inmobiliario denominado Revolta, no Concello de Narón, anexo dedicado a rocho. Superficie construída de 88,66 m2. Predio 54332 do Rexistro da Propiedade de Narón.

84.508,07

14.659,00

69.849,07

100

13

100 % da núa propiedade con carácter privativo por título de herdanza do piso primeiro esquerda da casa sinalada co número 37 da rúa Alegre, na cidade de Ferrol. Predio 21763 do Rexistro da Propiedade de Ferrol.

42.511,95

42.511,95

100

14

1/107 ava parte do local de reunións en semisoto, rocho número 13, baixo cuberta, garaxe e almacén número 26, en semisoto do edificio sito na avenida de Alfonso Molina, nº 10, duplicado 2, andar 13, cunha superficie útil de oitenta e nove metros vinte e tres decímetros cadrados. Predio 72087 do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

117.941,80

107.131,00

10.810,80

100

15

50 % da nua propiedade de vivenda tipo A, no andar baixo dereita do edificio nº 1 da rúa Mozart da cidade da Coruña, cunha superficie útil aproximada de sesenta e catro metros vinte decímetros cadrados; ten como anexo a praza de garaxe sinalada co número 10 no andar de soto, cunha superficie de dez metros quince decímetros cadrados e a metade indivisa do rocho número 4. Referencia catastral 7189924NH4978N0012JR, predio 84777 do Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña.

41.980,53

61.523,00

40.165,28

100

16

100 % do pleno dominio por título de división horizontal do rocho nº 1, sito na rúa Manuel Murguía, s/n, portal 1, soto, porta 4, bloque II, no Concello da Coruña. Da superficie útil de 5,50 m2. Predio 88288 do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

4.734,37

0,00

4.734,37

100

17

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da praza de garaxe número 17, con acceso para vehículos desde a rúa por unha rampa con entrada desde a rúa Doutor Francisco Sixto Malvar, no Concello de Fene. Superficie útil: 10,56 m2. Predio 16417 do Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

12.000,00

0,00

12.000,00

100

18

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal do rocho sito no baixo cuberta do portal 1, sinalado co número 7 dun edificio sito na rúa Doutor Francisco Sixto Malvar, s/n, no Concello de Fene. Superficie útil: 57,53 m2. Predio 16444 do Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

23.440,74

0,00

23.440,74

100

19

100 % do pleno dominio por título de división horizontal da praza de garaxe número 26 sita na rúa Manuel Murguía, s/n, soto, porta 3. Superficie construída: 10,50 m2. Predio 88274 do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

14.400,00

0,00

14.400,00

100

20

Vivenda na rúa Poza de Bar, número 30, baixo, porta C, Santiago de Compostela. Superficie construída de 21,54 metros cadrados. Predio número 16327 do Rexistro da Propiedade número 2, Santiago de Compostela, con referencia catastral 6777802NH3467F0014.

36.342,36

0,00

36.342,36

100

21

1/4 parte do inmoble urbano sito na rúa Monte Conxo, número 50, Santiago de Compostela, a uso industrial, con 75 m2 de superficie construída sobre unha superficie de 171 m2. Predio catastral 5263805NH3466C0001BY.

7.336,87

0,00

7.336,87

100

22

50 % de vehículo Mitsubishi Montero, bastidor JMBLYV78W1J004675,

matrícula 3186BLS.

1.270,00

0,00

1.270,00

50

23

Vehículo Mercedes Benz S 500, bastidor WDD2210711A010297,

matrícula 3482DVP.

24.444,00

0,00

24.444,00

100

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberá de conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2014

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña