De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse a interesada sinalada no anexo para ser notificada por comparecencia do acto administrativo derivado do procedemento que se indica.
A interesada, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría, departamento de Notificacións, da Delegación da Coruña da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na praza de Pontevedra, nº 22, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 28 de xaneiro de 2014
Regina Losada Trabada
Delegada da Coruña
ANEXO
Interesada |
Órgano tramitador |
Procedemento |
Uriarte Pérez, Josefina NIF: 42100673R |
Departamento de Xestión Tributaria |
Imposto sobre sucesións e doazóns Expte. D-195/2013 Liquidacións: 651121001940 e 651121001941 |