Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (511/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de dereitos fundamentais 511/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de la Paz Álvarez Regueiro contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Antonio Toca Carus, Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Centro Médico San Miguel, S.L.U., B&L Consultores de Prevención, S.L., Grupo Noecor, S.L., ADE Asesores de Empresa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Herfran Asesores, S.L., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L. e Asesoría Técnica Administrativa, S.L., sobre tutela de dereitos fundamentais, ditouse a seguinte resolución:

«Que, desestimando integramente a demanda interposta por María de la Paz Álvarez Regueiro, contra Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Luis Carlos Fernández Rosende, Antonio Toca Carus, Manuel Sánchez Meilán, Centro Médico San Miguel, S.L.U., B&L Consultores de Prevención, S.L., Grupo Noecor, S.L., ADE Asesores de Empresa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Herfran Asesores, S.L., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L. e Asesoría Técnica Administrativa, S.L., debo absolver e absolvo os demandados de todas as peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.f LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Antonio Toca Carus, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial