Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4307

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública (631/336/2013).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 27 de decembro de 2013, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes e condicións da edificación que permitan a ampliación do equipamento deportivo existente nunha parcela dotacional pública no polígono de Matogrande, promovido por Emvsa, Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades, S.A.

En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da última publicación no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, así como na páxina web do concello www.coruna.es/urbanismo.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo