Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO polo que se fai pública a aprobación definitiva do expediente do Plan de sectorización do solo rústico de desenvolvemento Trigueiriza do Plan xeral de ordenación municipal.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación de Lalín, na sesión que tivo lugar o día 2 de decembro de 2013, acordou aprobar definitivamente o expediente do Plan de sectorización do solo rústico de desenvolvemento Trigueiriza do PXOM de Lalín (Pontevedra), de iniciativa particular da entidade Avenida Trigueiriza, S.L., que contén o planeamento de desenvolvemento no ámbito do solo rústico de desenvolvemento (SR-D) do Plan xeral de ordenación municipal de Lalín no lugar coñecido como A Trigueiriza, ao norte do núcleo urbano de Lalín e da rúa Trigueiriza, en ambas as marxes da vía SG-V5 e estremeiro co arroio de Balados, que afecta unha superficie de 40.035 m2 e cun uso previsto mixto terciario-comercial e residencial.

A aprobación definitiva do expediente notificóuselles aos interesados no procedemento.

Contra este acordo de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 8 de xaneiro de 2014

P.D. (Decreto da Alcaldía do 11.6.2011; BOP núm. 124, do 29 de xuño)
Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo