Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 18 de decembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os relacionados abaixo non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 209/2011, do 27 de outubro (DOG nº 213, do 8 de novembro de 2011); Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG nº 222, do 21 de novembro de 2012), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 986 88 51 25.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 18 de decembro de 2013

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Anjos Pedro, Concepción

052174275V

Ortiz --- Dalbis, Jesús

X00897757K

Rodríguez Barreiro, José Manuel

076827462X

Barral Martínez, José Luis

076995517G

Olivos Tobar, Priscilla Carolina

Y01840032T

Ramírez Denegri, Eduardo Humberto

053181519E

Montoya Alfonso, Pablo

035321184S

Franco Muíños, Óscar

076928485V

Mon Marsella, Ismael Axel

077677977P

García Suárez, Marta

077409656M

Tilve Hernández, Luiselena

050340684D

Santos Rodríguez, Adrián

071164992W

Fernández Lois, Gabriel

077415742L

García Rey, Marilu

035641391Q

Sánchez Dopazo, José Carlos

044480086H

Cochón Rodríguez, Manuel

020071295T

Balboa Soliño, Alberto

035305169P