Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4318

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Tiro con arco

ANUNCIO de aprobación do acordo de creación do ficheiro de datos de carácter persoal da Federación Galega de Tiro con Arco.

Aprobada a creación do ficheiro de datos de carácter persoal na asemblea xeral extraordinaria da Federación Galega de Tiro con Arco, que tivo lugar o 26 de decembro de 2013, de conformidade co previsto no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e nos artigos 52 a 54 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, procédese ao anuncio da aprobación da disposición xeral que crea o ficheiro denominado Federados, que inclúe no seu anexo o seguinte contido: identificación, finalidade, usos previstos, orixe e tipoloxía dos datos, estrutura, sistema de tratamento, comunicacións, nivel de seguridade, órgano responsable e persoa ante a cal poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Ao tratarse dun ficheiro de datos de carácter persoal de titularidade pública, a Federación Galega de Tiro con Arco notificará á Axencia Española de Protección de Datos a creación deste ficheiro para a súa inscrición no Registro Xeral de Protección de Datos no prazo de trinta días desde a publicación deste anuncio.

Lugo, 13 de xaneiro de 2014

Jorge Mato Posse
Presidente da Federación Galega de Tiro con Arco