Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4317

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Dorna, S. Coop. Galega de Vivendas

ANUNCIO polo que se fai pública a aprobación do balance final de liquidación e do proxecto de distribución de activo da sociedade cooperativa.

En cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que en asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar o 14 de decembro de 2013 na rúa Redondela, 6, de Vigo, se adoptaron por unanimidade os seguintes acordos:

Aprobar o balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo, o cal establece que cando se faga a distribución final dos fondos entre os socios cada un cobrará a parte alícuota. O balance e o proxecto foron censurados polo interventor da cooperativa.

O balance final da cooperativa queda como segue:

Activo

2.163,99 €

Patrimonio neto

1.620,00 €

Pasivo corrente

543,99 €

Total activo

2.163,99 €

Total pasivo

2.163,99 €

Vigo, 14 de decembro de 2013

Julio César Álvarez Moreira
Isabel Novoa Blanco
Miguel Ángel Bernárdez Pérez
Liquidadores