Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4254

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (232/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 232/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Barral Santos contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., ditouse a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Santiago Barral Santos e, en consecuencia, condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante 6.274,25 euros, da devandita suma incrementarase cos xuros do artigo 29.3 do ET o importe de 6.130,83 euros. Condénase a empresa demandada ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante que se fixan en 200 euros. Condénase o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

Advírtese a Esabe Vigilancia, S.A. que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial