Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (342/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 342/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Santiago Rodríguez Mota contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., se ditou a seguinte resolución:

«Dedico que debo estimar e estimo a demanda presentada por Francisco Santiago Rodríguez Mota e, en consecuencia, condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que lle aboe ao demandante 1.794,03 euros, importe respecto do cal se incrementará co xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores a suma de 1.649,04 euros. Condeno a parte demandada ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan en 200 euros. Condénase o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Advírtese a Esabe Vigilancia, S.A. de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial