Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 14 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica resolución.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RXAP-PAC), despois de intentada a notificación persoal dúas veces sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada no procedemento iniciado por instancia súa, contra a cal se poderá interpoñer recurso de alzada, perante a Consellería de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992 (RXAP-PAC). No mesmo prazo sinalado poderá comparecer, persoalmente ou debidamente representado, no Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria; praza da Estrela, s/n, en Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da resolución do expediente.

Vigo, 14 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2008/564-4 LMT, CTC e RBT Montalbo-Arra.

Interesado: Santiago Otero Rey.

Domicilio: Adina, 19, 36960 Sanxenxo.

Contido da resolución: declaración de propiedade litixiosa e presuntos titulares.